CRTVG

Buscar

138 prazas para o corpo de profesores de ensino secundario en Galicia

Publicado o 22/06/2019 15:18

Desas 798 prazas para o corpo de profesores técnicos de formación profesional 138 quedarán en Galicia. Destas oposición sairán 30 novos profesores de FP de "Instalacións electrotécnicas", unha categoría da que non había exames desde hai unha década.

Moisés Acuña. Presidente do tribunal de oposición FP. "Como arranca o día? Pois o día arranca co acto de presentación que é de obrigada aasistencia. Os candidatos que non cheguen xa quedan excluídos do proceso selectivo.

Ás once volven chamar aos opositors, agora si, para comezar o primeiro exame. "Mantemento de Vehículos", igual que a categoría de instalacións electrotécnicas oferta 30 prazas e tamén levaba unha década sen convocarse.

Moisés Acuña. Presidente do tribunal de oposición FP "No noso corpo en concreto necesitamos un relevo xeracional. hai xa xente que está moi próxima á xubilación e isos postos hai que cubrilos"

O que é común falemos de FP, de primaria, de secundaria, de escolas oficiais de idiomas... son os nervios.

En Galicia o catálogo para profesor técnico de FP complétase con 18 prazasa concurso para "Mecanizado e Mantemento de máquinas", 15 prazas de "Peiteado" e 43 de "Procesos de Xestión Administrativa"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019