CRTVG

Buscar

Operativo policial en Vigo para dar co autor dos incendios que afectaron unha ducia de coches

Publicado o 07/12/2017 14:30

Andan á busca de quen lle prendeu lume a unha decena de coches en Vigo. A Policía Científica e investigadores puxeron en marcha un operativo especial para dar con el.

Todos os vehículos estaban estacionados no barrio de Casablanca. Atopar o culpable converteuse nunha prioridade para as forzas de seguridade, porque temen que volva actuar. A Policía sospeita que se trata dunha persoa á que lle gusta o lume, e cren que cando se produciu o incendio, debía estar moi preto para contemplar as lapas. En tan só un mes queimou sete coches e outros tres quedaron moi afectados. A Policía ten claro que todo é obra da mesma persoa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017