CRTVG

Buscar

Atopan con hipotermia o veciño de Aldán que desaparecera co seu cabalo

Publicado o 29/02/2020 15:22

Xa está no Álvaro Cunqueiro de Vigo o veciño de Aldán que desapareceu onte tras dar un paseo coa súa egua. Tras ser avistado por motoristas e polo helicóptero da Garda Civil nunha zona abrupta. Foi rescatado polo Pesca 1, xa que era preciso un guindastre ou polea.

Proteción Civil, Policía Local e xinetes da zona participaron na busca; Aurelio Rodríguez Brea, moi coñecido na zona sufriu un accidente ao caer do cabalo, e pasou toda a noite no lugar co animal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí