CRTVG

Buscar

Operan un cabaliño de mar no acuario da Coruña para salvarlle a vida

Publicado o 22/08/2020 20:56

Vémolo nadando e xogando con outros compañeiros. Xa se repuxo das operacións, pero non subirá á sala de exposicións ata que gañe peso.

Naceu hai un ano no acuario da Coruña e os seus coidadores repararon en que algo ía mal con el cando fixo nove meses.

Houbo que anestesialo, introducirlle o tecido que lle saía para fóra e coser o burato. Iso na primeira operación, na segunda, retiráronlle os puntos. Nos dous casos foron microcirurxías porque o noso protagonista mide menos de oito centímetros.

O acuario deu a coñecer a súa historia nas redes o luns e a fama chegoulle antes de ter nome, polo que se abriron ás propostas da xente.

Son moitas as curiosidades arredor dos cabaliños de mar, entre outras que os machos están máis comprometidos coa reprodución que outras especies.

O noso Hércules non é un exemplar propio de augas galegas pero aquí tamén hai cabaliños, especialmente como estes que ven, Hippocampus guttulatus.

Noticias web

22/08/2020