CRTVG

Buscar

Operación saída de agosto: 50 voos programados nos aeroportos galegos

Publicado o 01/08/2020 15:44

Longas ringleiras a primeira hora da maña no aeroporto de Santiago coincidindo con este primeiro de agosto.

Nos tres aeroportos galegos hai preto de 50 voos programados. Os pasaxeiros procedentes de 136 paises con alta incidencia de COVID-19 e os que veñan de Aragón, Navarra, Pais Vasco, A Rioxa e Cataluña deberán facilitar os seus datos de contacto, un requisito que estableceu a Xunta o mércores pasado e que cumpriron nas primeiras 24 horas máis de 29 mil pasaxeiros.

Coma cada 1 de agosto, a encrucillada do verán xunta en aeroportos e estacións os que comezan o seu descanso cos que volven a casa.

No transporte por estrada, neste verán marcado pola pandemia, dáse un feito inusual nunha operación saída. Por primeira vez, a DXT evitou dar cifras sobre os desprazamentos previstos. Máis de mil efectivos de Tráfico velaran pola seguriodade viaria. Prestaranlle especial atención especial ás estradas convencionais, onde se rexsitran o 90% dos accidentes mortais.

Noticias web

01/08/2020