CRTVG

Buscar

Operación policial contra a distribución de carne en mal estado

Publicado o 24/01/2021 13:11

A Garda Civil detivo 14 persoas pola manipulación, etiquetaxe e distribución de produtos cárnicos caducados ou en mal estado.

Nesta operación, denominada Pintaza, os axentes incautáronse de máis de 122.000 quilos destes produtos non aptos para o consumo. Malia que ningunha das dez empresas investigadas está localizada en Galicia, na operación colaboraron as autoridades de saúde pública da provincia da Coruña, o que pode significar que algún lote en mal estado chegara ata aquí.

Noticias web

24/01/2021