CRTVG

Buscar

Operación Mansalva: 14 detidos e un gran transporte frustrado

Publicado o 16/08/2019 19:21

Son as primeiras imaxes que se publican sobre a operación Malsalva. As da Garda Civil rexistrando un piso da rúa Ourense en Cambados. Acompaña os axentes o detido Manuel Osorio, suposto cabecilla dunha rede dedicada a introducir cocaína en España.

En total hai 14 detidos. 11 dos arrestos producíronse na comarca do Salnés, En Vilagarcía, Meaño Poio, Ribadumia e Cambados, 2 en Valencia e 1 en Portugal.

Os investigadores acúsanos a todos de formar unha organización criminal destinada ao tráfico de drogas. A rede traía cocaína de Sudamérica. Os barcos que a transportaban atracaban en Portugal.

E dende alí, a droga traíase a Galicia en dobres fondos de coches e nun remolque moi especial. "Un remolque deses que se enganchan a un vehículo. Apretando unhas palancas separábase unha parte do remolque do chasis e elevábase cun sistema hidráulico. Nesa parte cabían uns 300 quilos de cocaína", di Félix Ruíz. Voceiro da Garda Civil.

En total a Garda civil incautouse de case 500kgs de cocaína. O seu destino final era principalmente Valencia pero tamén outros puntos da Península.

Os axentes fixeron 9 rexistros no Salnés. Neles incautáronse de 12.000 euros, vehículos e teléfonos satelitales. Atoparon ademais unha plantación interior de marihuana cunhas mil prantas.
A operación, coordinada polas fiscalías antidroga de Pontevedra e Valencia, comezou en 2018.
Ademais da cocaína incautada, Malsalva conseguiu evitar un importante envío de droga que a organización tiña planeado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019