CRTVG

Buscar

Detido en Madrid un home peruano reclamado polo seu país por violar a súa filla durante anos

Publicado o 12/09/2019 12:15

A Garda Civil detivo en Madrid un home de nacionalidade peruana reclamado pola xustiza do seu país por violar a súa filla durante polo menos catro anos.

O arrestado, de 49 anos, está acusado de reiterados delitos de agresión sexual á súa filla cometidos no Perú entre 2011 e 2014. Non consta que o detido cometese delitos similares en España.

O arrestado estaba ao tanto da reclamación das autoridades peruanas cara á súa persoa, polo que centrou a súa actividade en ocultarse, cambiando constantemente de domicilio e de localidade de residencia, non informando destes cambios nin á súa propia contorna familiar.

O detido foi posto á disposición do Xulgado Central de Instrución número 2 da Audiencia Nacional o cal decretou o seu ingreso en prisión á espera de extradición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019