Jorge Onrubia: "É un erro entender as pensións como ferramenta redistributiva"
As pensións públicas serán insostibles aínda que suba a idade de xubilación. Esta é a principal conclusión dun documento elaborado pola Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA). Jorge Onrubia, doutor en Economía e profesor titular da Universidade Complutense de Madrid, estivo no Bos días falando das conclusións deste traballo no que participou como coautor.
O investigador considera que a extensión da idade de xubilación é una medida necesaria, pero non suficiente para garantir a sostibilidade do sistema de pensións. Aposta por modelos coma o sueco, no que se teñen en conta outros aspectos como a demografía, a rendabilidade dos recursos ou a produtividade.
O principal erro, segundo o economista, é entender o sistema de pensións como unha ferramenta redistributiva. Neste sentido, lembra que existen outros mecanismos para levar a cabo esta tarefa.
Outro asunto crucial para Onrubia é anular os custos políticos das pensións. Para iso, débense establecer pactos sociais de longa duración que permitan sacar do debate electoralista as medidas de mantemento do sistema.
No canto ás prexubilacións, valora positivamente as penalizacións salvo que as empresas se fagan cargo dos seus custos.