CRTVG

Buscar

Onde se fala o galego máis parecido ao "normativo"? #DígochoEu

Publicado o 22/01/2020 14:42

Xa sabemos o lugar onde se fala un galego máis parecido ao estándar actual. E sabémolo grazas a unha investigación de Xulio Sousa, do Instituto da Lingua Galega. Se queres coñecer que concello é e como o toma a xente do lugar, só tes que darlle 'play' ao vídeo. Tamén aí aclaramos como se elaborou o estudo.

Aquí abaixo tamén tes o mapa das similitudes das distintas zonas de Galicia co galego "normativo" para que comprobes que, efectivamente, o galego da túa zona tampouco está tan afastado da norma actual. Se queres ver o mapa en grande, preme enriba del.