CRTVG

Buscar

Onde se carga e se distribúe o osíxeno medicinal?

Publicado o 08/05/2020 16:23

O coronavirus ataca o aparato respiratorio dos afectados. Para paliar este síntoma, emprégase osíxeno medicinal. Vexamos onde se carga e se distribúe. 

Esta planta de envasado está en Vigo e realiza unha media de 700 servizos diarios. Durante a pandemia do coronavirus a súa produción aumentou máis dun 30% para poder abastecer os hospitais, as residencias de anciáns e tamén pacientes nos seus domicilios particulares.

O osíxeno medicinal converteuse nun tratamento fundamental para os enfermos de coronavirus. Sábeno ben nesta planta de envasado situada en Vigo.

Asegurar o seu abastecemento foi una premisa fundamental desta planta que reforzou os seus servizos para poder satisfacer a demanda de hospitais, residencias e sobre todo domicilios particulares.

O osíxeno medicinal é un medicamento que nos casos particulares precisa distribuírse con prescrición médica.

Coa chegada do coronavirus multiplicaron a súa demanda para os depósitos hospitalarios de toda España. De aquí saen os 700 servizos diarios que fan de media en Galicia para que os enfermos sigan respirando e loitando contra a pandemia.

 

 

Noticias web

08/05/2020