CRTVG

Buscar

Onde gozar do mellor solpor de Galicia?

Publicado o 29/09/2020 21:03

Paisaxes naturais, lonxe do tráfico, onde poder gozar do silencio e da tranquilidade para despedir o día. Son algunhas das características que máis valoramos á hora de escoller o mellor solpor.

Os nosos recordos, a compañía e o tempo, tamén inflúen á hora de escoller.

Unha revista especializada en viaxes inclúe cinco propostas galegas no seu concurso na busca do mellor solpor de España.

Entre elas están a vista dende esta caracola do Hío, en Cangas, coas illas Cíes de fondo, que xunta arte e natureza... Xunto con ela, outros tres destinos costeiros: o cabo Touriñán, en Muxía, o faro de punta Nariga, na Coruña, ou o fuciño do Porco, no Vicedo. Só hai unha proposta de interior, aínda que tamén conta co encanto da auga doce: o canón do Sil na Ribeira Sacra.

Semella que os lugares costeiros son os máis coñecidos para ver como o sol se oculta no horizonte.

O sete de outubro escollerán o representante de cada comunidade e o día 22 darán a coñecer o gañador de España. Para gozar de todos estes espazos, non hai data límite.

Noticias web

29/09/2020