CRTVG

Buscar

Once traficantes condenados pola operación Guitarra, entre eles Julio Araújo Gómez

Publicado o 13/03/2020 08:02

A operación Guitarra remata coa condena de once narcos de Pontevedra, entre eles Julio Araújo Gómez, fillo da exparella de Sonia Iglesias. Araújo era un dos xefes dunha rede con capacidade para fornecer o poboado do Vao e con clientes no País Vasco e as Canarias.

Na operación detiveron 45 persoas. Ningunha delas irá a prisión. As condenas oscilan entre un e tres anos, e as multas van de 2.500 a 7.500 euros.

Na rebaixa da pena influíu que no momento das detencións eran consumidores crónicos de drogas e adquiriron o compromiso de completar un tratamento de desintoxicación. Ademais, todos recoñeceron os delitos.


 

Noticias web

13/03/2020