CRTVG

Buscar

Once mortos por mor da vaga de calor en Cataluña

Publicado o 10/08/2018 21:00

A vaga de calor deunos un respiro, pero séguense confirmando casos de falecidos por golpes de calor. En Cataluña, a Generalitat elevou a once o número de vítimas mortais como consecuencia das altas temperaturas. Nas últimas horas confirmaron a morte por golpe de calor de cinco persoas falecidas a semana pasada. En toda España, foron 17 as vítimas mortais por esta causa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018