CRTVG

Buscar

Once mortos nas últimas 24 horas nos Estados Unidos por mor da vaga de frío

Publicado o 03/01/2018 21:35

A histórica vaga de frío que está a golpear boa parte dos Estados Unidos este Nadal custoulle a vida a 11 persoas nas últimas 24 horas. As temperaturas extremas e os ventos xélidos deixaran tres mortos máis nos últimos días de 2017. Na costa leste rexistráronse mínimas de recórd, como en Ohio, con 25 graos baixo cero, algo que non sucedía dende 1898. En Nevada os termómetros marcaron 50 graos negativos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018