CRTVG

Buscar

Once mortos, entre eles tres nenos, no incendio dun edificio en Chequia

Publicado o 09/08/2020 12:44

Un incendio nunha torre de apartamentos na cidade de Bohumín situada na fronteira checo-polaca a uns 300 quilómetros ó leste de Praga causou 11 mortos, entre eles tres menores. As lapas comezaron no décimo piso do edificio e estendéronse con rapidez. Cinco das vítimas faceleron cando intentaban fuxir do lume saltando polas fiestras. Un gran despregamento de bombeiros cun helicóptero de apoio lograron controlar o fogo.

Trátase do peor incendio na República Checa en décadas. As autoridades confirmaron que foi provocado e a policía detivo un veciño que confesou a súa autoría como resposta a unha liorta familiar.

Noticias web

09/08/2020