CRTVG

Buscar

Investigan como un atentando ultradereitista o ataque con 11 mortos en Alemaña

Publicado o 20/02/2020 08:22

• O presunto autor foi atopado sen vida na súa vivenda xunto ao cadáver da súa nai

Tobías, o autor deste ataque racista, que rematou con once mortos, incluído o propio atacante e a súa nai, era un alemán de 43 anos, empregado de banca e veciño de Hanau, lugar do atentado. Tiña ademais unha licenza de tirador deportivo e, segundo parece, a arma mercouna legalmente en Internet.

No seu coche había munición, unha funda de pistola e revistas. E no seu domicilio, a policía atopou, ademais dos corpos sen vida de nai e fillo, un vídeo e unha especie de manifesto que, segundo o fiscal xeral, emanaba racismo, con pensamentos perturbados e absurdas teorías conspirativas.
Desde o primeiro momento a chanceler Angela Merkel afirmou que se trataba dun atentado con motivación ultradereitista e racista.

Merkel engadiu que o racismo é veleno e lamentou que o odio estea na sociedade alemá. Mentres, en En Hanau, sucedénse as homenaxes e as mostras de solidariedade coas vítimas deste atentado, todas estranxeiras, a maioría turcas. Ata aquí se desprazou o presidente do país acompañado polosministros do Interior e Xustiza.

O primeiro ataque foi na zona de fumadores deste bar. Aquí matou catro persoas, dúas dentro e outras dúas fóra. Pouco despois, noutro local a dous quilómetros de distancia, produciuse outro tiroteo, nestes caso desde un coche, que deixou cinco mortos. Deseguido fuxiu. Pasadas as tres da mañá chegou ao seu domicilio,matou a nai, de 72 naos e suicidouse.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí