CRTVG

Buscar

Once militares da BRILAT positivos en covid-19 e outros 60 en corentena na base de Figueirido

Publicado o 12/09/2020 14:17

A Brilat mantén as súas manobras da OTAN en Zaragoza, que comezan o martes, a pesar dos positivos detectados nas súas filas. Consideran que os 11 infectados son unha porcentaxe mínima entre os dous mil militares da base de Figueirido.

E ademais, o 90 por cento dos casos son asintomáticos ou presentan síntomas leves. Ademais destes 11 casos da base pontevedresa, rexistráronse outros 11 en Valladolid e Asturias. Para reducir o perigo de contaxios, uns 80 militares están illados ou en corentena.

Noticias web

12/09/2020