CRTVG

Buscar

Once graos de facultades galegas, entre as mellores de España segundo 'El Mundo'

Publicado o 08/05/2019 14:57

A Universidade de Santiago de Compostela conta con seis graos nesta listaxe das mellores facultades públicas e privadas. Son os de Ciencias Políticas, Farmacia, Enxeñería Química, Matemáticas, Óptica e Optometría e Odontoloxía. Esta última xa estaba na lista o ano pasado, pero mellora a súa posición ao pasar do quinto ao cuarto posto. O estudo salienta a súa xestión das prácticas.

A Universidade da Coruña ten catro graos na listaxe: os de Edificación, Enxeñería Civil, Terapia Ocupacional e Fisioterapia. Neste último están especialmente contentos porque acadaron o primeiro posto de España. Aquí tamén apostan por unha boa formación práctica.

A Universidade de Vigo tamén entrou nesta serie co grao de Belas Artes, que se sitúa no quinto posto. Neste caso, o estudo valora o trato aos estudantes e a dotación de obradoiros multiusos perfectamente equipados.

Noticias web

08/05/2019