CRTVG

Buscar

Once empresas galegas participan na feira ecolóxica Biofach de Nuremberg

Publicado o 16/02/2018 14:45

 

Comeza na cidade alemá de Nuremberg  a maior feira de produción ecolóxica do mundo, onde Galicia ten moito que dicir. 

O volume de negocio da agricultura ecolóxica de Galicia supera xa os 50 millóns de euros

Lonxe quedan xa as 13 hectáreas coas que botou andar a produción ecolóxica en Galicia. Sucedía hai 20 anos, da man duns pioneiros convencidos das vantaxes dunha agricultura respectuosa co medio ambiente. 

Hoxe o CRAEGA certifica máis de 32.000 hectáreas e conta cuns 1.000 operadores que facturan 50 millóns de euros ao ano. 

Case a metade do negocio, uns 20 millóns, concéntrase na gandería de carne, leite e os seus derivados. Nas producións vexetais destacan os froitos do bosque e a recolleita silvestre, seguidas do viño e as hortalizas. Os últimos en incorporarse á certificación ecolóxica foron os produtos do mar: mexillóns, algas e conservas que xa facturan sete millóns.

O reto agora é promover o consumo interno, xa que máis da metade destes alimentos véndese fóra. Algúns por toda España, e outros, como o mel ou as castañas, destínanse á exportación. Alemaña, Francia e O Reino Unido son os principais clientes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2018