CRTVG

Buscar

Once contaxios derivados dun gromo en Lugo disparan a incidencia acumulada en Outeiro de Rei

Publicado o 08/06/2021 14:37

A tranquilidade deste pequeno concello de Outeiro de Rei vese de novo alterada por máis dunha decena de contaxios e a nova pilla a moitos por sorpresa. Este aumento dos casos ten a súa orixe nun gromo detectado a semana pasada no edificio da Xunta en Lugo onde se rexistraron 18 positivos e algúns afectados residen aquí.

Con todo a situación semella estar controlada. Ao tratarse dun concello pequeno, os contaxios fan que se dispare a incidencia acumulada e tamén a preocupación veciñal. Agora os veciños están pendentes da evolución dos casos e de se lles aplican algunha restrición.

Noticias web

08/06/2021