CRTVG

Buscar

A gota fría pon en alerta once comunidades do Mediterráneo

Publicado o 10/09/2019 14:09

Espectacular tormenta eléctrica a que caeu esta madrugada sobre a cidade de Barcelona. Ata as 10 da maña contabilizaronse preto 37.000 lóstregos, que provocaron cortes na subministración eléctrica de 6.000 aboados.

A chuvia máis intensa caeu sobre o mar; en terra rexistraronse ata 50 litros por metro cadrado provocando asulagamentos en baixos e garaxes, retrasos no transporte ferroviario, pero ningunha incidencia grave.

A gota fría desprazase agora a Baleares e a Comunidade Valenciana, que tamén están en aviso laranxa por chuvia torrencial, vento de máis de 80 quilómetros por hora e ondas por riba dos 4 metros.

En total, hai once comunidades en alerta, pero de novo será a zona do Mediterráneo a máis afectada pola DANA, que tamén pode deixar neve nos Pireneos por riba dos 1.800 metros e con refachos de 90 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019