CRTVG

Buscar

Once armas de fogo, droga e cartos comisados na operación policial desenvolvida en Ferrol, con oito detidos

Publicado o 24/10/2019 15:16

Este é o material comisado pola Policía Nacional na operación desenvolvida o luns no campamento dos Peinados, en que foron detidas oito persoas dun clan que se dedicaba á venda de drogas. Participaron preto de 50 axentes tras unha investigación que se remonta a primeiros de ano.

Clientela que acudía mercar marihuana, da que se incautaron máis de 13 quilos, haxix, cocaína ou heroína. Xunto coas básculas ou o material para cortar a droga, nos rexistros efectuados atoparon tamén 12.000 euros en efectivo e 11 armas de fogo coa súa munición. E, o que para a policía é significativo, un chaleco antibalas.

Dos oito detidos, tres foron enviados a prisión e o resto está en liberdade con cargos. A operación segue aberta e non se descartan máis detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019