Oliveral da Concordia, inciativa do párroco de Valga
Publicado o 29/11/2019 14:41
Un milleiro de árbores, un espazo creado para a paisaxe galega e a súa máxima produción. Conseguiuno o párroco de Setecoros, en Valga, o soño de Paulino Sánchez dende hai 5 anos, cando volveu de ser misioneiro no Chad: o Oliveiral da Concordia.
Axudado no seu soño polos parroquianos, acadará os 1.000 quilos de olivas nuns terreos rescatados da morte. Producirán aceite de oliva virxe extra.
O párroco Paulino conseguiu en Setecoros, no Oliveiral da Concordia, que na terra prendesen novas melodías.