Olga Louzao renuncia á portavocía de Ciudadanos en Galicia para centrarse na política local de Lugo

A ata agora voceira de Ciudadanos Galicia, Olga Louzao, renunciou á portavocía da formación laranxa na Comunidade galega para centrarse na política municipal tras ser reelixida concelleira en Lugo. Diso informou Ciudadanos Galicia, que asegurou que Louzao seguirá loitando "por un proxecto no que cre", en referencia á formación política que lidera Albert Rivera. Ademais, segundo indicou Ciudadanos, Louzao trasladou os seus mellores desexos ao Comité Autonómico de Ciudadanos Galicia co obxectivo de que o cambio "axude a consolidar unha forza política necesaria para a nosa Comunidade autónoma". Olga Louzao deixa este cargo para centrarse na política municipal, despois de ser reelixida concelleira en Lugo. Louzao, que sempre se definiu como partidaria das políticas públicas, alega, tamén, motivos persoais e desvincula a súa marcha da crise do seu partido en Galicia e en España