CRTVG

Buscar

Olga Louzao: "Lugo está sendo unha perfecta aprendizaxe do que é a política cutre"

Publicado o 15/06/2018 11:56

Olga Louzao, portavoz de Cidadáns Galicia

O primeiro reto que temos que enfrontar son as municipais en Galicia. As expectativas son moi boas e o crecemento de Cidadáns está sendo imparable, non só a nivel nacional senón tamén en Galicia, xa temos representación en algúns concellos a nivel autonómico.

A velocidade da política está sendo algo o que non estamos acostumados, iso tamén nos obriga a ser áxiles.

En Galicia haberá candidatos, haberá bos candidatos. Haberá candidatos que sexan capaces de ofrecer esa política que Cidadáns ten na cabeza, esa imaxe de rexeneración na que creemos.

As persoas que temos unha presenza máis pública a nivel autonómico somos moitas. É importante que se conciba esta imaxe de unidade. Sabemos traballar en equipo, é a imaxe que queremos ofrecer.

Albert Rivera é o presidente do noso partido, e Inés Arrimadas tivo unha forte presenza polo seu papel nas eleccións de Cataluña. No resto de comunidades hai un portavoz que é o que é a voz dese equipo. Pero somos moitos e temos unha sensación de unidade.

A sociedade galega recíbenos ben. A recepción é positiva. Achéganse para contar o que lles pasa e ven os representantes de Cidadáns capaces de resolver problemas.

O programa que se presentará para as próximas autonómicas será un programa ambicioso, un programa de futuro, e pola parte que me toca, para moitos galegos e galegas ilusiónante.

A comunicación ferroviaria en Galicia é fundamental. Os prazos están comprometidos, pero non só importa o AVE senón que temos comunicacións internas do S. XVIII.

Queremos por a Galicia no mapa e reivindicar o papel secundario que está tendo en moitísimos asuntos.

Os galegos gústanos falar en galego. O galego non se debe patrimonializar, é algo natural. Vivímolo así, falamos galego coa nosa familia. Non me gusta que o galego se utilice como unha arma de confrontación.

A sociedade xa non é a mesma, xa non hai diferenciación entre esquerdas e dereita. Haberá momentos nos que teñamos que sentar con outros partidos para sacar adiante proxectos. Isto é ceder. Non obstante, é difícil chegar a acordos con partidos que non teñen a nosa concepción de unidade, que defenden outro tipo de posturas. Pero con outros partidos, porque non?

O obxectivo e ter representación nos sitios que aínda non estamos. O traballo que se está a facer nos lugares que temos representación e moi positivo e está dando resultado.

A miña cidade está sendo unha perfecta aprendizaxe do que está sendo a política ruín e a política cutre. Significa todo o que non queremos para a nosa cidade. Lugo merécese outra nova etapa.

 

 

Noticias web

15/06/2018