CRTVG

Buscar

Oleiros, A Coruña e Santiago, entre os concellos máis ricos de España

Publicado o 29/05/2019 19:27

3 concellos galegos están entre os 50 máis ricos de España, segundo o Instituto Nacional de Estatística. A primeira é Oleiros, no posto vixésimo, con algo máis de 15.300 euros de renta anual por habitante. A Coruña está no lugar 43, e Santiago, no 49, as dúas con máis de 13.000 euros por veciño. A lista abrangue todos os concellos españois de máis de 20.000 habitantes. O máis rico é o madrileño Pozuelo de Alarcón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019