CRTVG

Buscar

Çolak xa está na Coruña

Publicado o 31/12/2019 19:46

No Deportivo, o que vai pasar a Noitevella na Coruña é Emre Çolak.O turco aterraba a primeira hora da tarde no aeroporto de Alvedro e convértese na primeira incorporación dos coruñeses neste mercado de inverno. A idea era que xa chegase no día de onte, pero segundo dixo o presidente interino, unha tormenta impediulle coller o voo. Çolak está feliz e o primeiro que dixo en canto chegou á cidade herculina foi: "veño axudar o Deportivo. Forza Depor!"

Noticias web

31/12/2019