CRTVG

Buscar

Olalla Rodil: "Temos a mellor candidata, a máis valorada. Estamos decididas a saír por todas"

Publicado o 11/02/2020 12:05

Olalla Rodil, deputada do BNG, substitúe temporalmente como voceira da candidata da formación nacionalista Ana Pontón, de baixa por maternidade. Nunha entrevista en directo no Bos días, asegurou que Pontón "está perfectamente e moi ilusionada por esta campaña que se nos vén".

"No BNG estamos preparadas, cos deberes feitos. Contabamos con este posible escenario de adianto electoral. Temos un proxecto para mellorar as condicións de vida dos galegos e as galegas. Temos a mellor candidata, a máis valorada. Estamos decididas a saír a por todas", dixo Rodil.

"Temos as mans abertas a quen se queira sumar ao proxecto do BNG", dixo respecto á posibilidade de acudir aos comicios acompañados doutras forzas, aínda que non obstante o Bloque non contempla posibles coalicións antes das eleccións.

 

 

Noticias web

11/02/2020