CRTVG

Buscar

Okay Yokuslu participa no adestramento do Celta

Publicado o 09/09/2019 21:51

E no Celta, foi a primeira sesión de adestramento despois dos compromisos internacionais.
Foi unha sesión de tarde e a porta aberta. A principal novidade foi Okay Yokuslu. O turco entrou no partido de adestramento sen aparentes sinais de molestia. Esta fin de semana concentrouse coa súa selección, pero non xogou e, ademais, adiantou a súa volta. Parece estar recuperado. A mala noticia protagonízaa David Costas, o central estará dúas semanas de baixa por mor dunha rotura fibrilar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019