CRTVG

Buscar

Okay Yokuslu e Renato Tapia xa están co Celta en Marbella

Publicado o 20/07/2021 14:02


No Celta xa están co equipo Okay e Renato Tapia. O peruano adiantou o seu retorno para tentar recuperarse a tempo para o inicio de liga. Lembren que Renato Tapia mancouse na Copa América. Sofre unha rotura de grado 1 no bíceps femoral dereito. Só 10 días despois, xa está co equipo Marbella.

Tamén se sumou á concentración Okay Yokuslu, á espera de que resolva o seu futuro. O futbolista turco busca unha saída e o Celta un bo traspaso.
 

Noticias web

20/07/2021