CRTVG

Buscar

Okay podería non chegar a tempo para o inicio da liga

Publicado o 17/07/2019 21:00
Okay podería non chegar a tempo para o inicio da liga

Malas novas para o mediocentro do Celta Okay Yokuslu. As probas médicas ás que foi sometido o internacional turco revelaron que a súa lesión é máis grave do que se agardaba. O xogador sofre unha rotura parcial do ligamento cruzado posterior do xeonllo dereito e podería perder o inicio da liga. O Celta non conta con moitos xogadores nesa posición. Poida que a lesión de Yokuslu intensifique a negociación polo regreso de Pape Cheikh.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí