CRTVG

Buscar

'OK Diario' acusa a Elena Espinosa de dar contratos mentres era ministra á filial da 'offshore' que xestionaba en Panamá

Publicado o 31/10/2019 12:37

Novidades no caso da ex-ministra socialista Elena Espinosa, sinalada por varios medios como administradora e tesoureira dunha sociedade offshore en Panamá.

OK Diario engade hoxe que, cando era ministra de Agricultura e Pesca, Espinosa adxudicoulle ao grupo galego Rodman, filial galega desa sociedade radicada no país centroamericano, contratos para a construción de embarcacións por valor de case once millóns de euros.

Desde o Partido Popular din que a ex-dirixente socialista se limitou onte a negalo todo sen achegar ningunha proba, polo que lle esixen explicacións á cúpula do PSOE.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019