CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Oitocentos escolares de Lugo van ao teatro

Publicado o 11/03/2015 14:13

800 escolares de Lugo e os arredores foron hoxe ao teatro. Da man dos monicreques de Tanxarina Títeres coñeceron a historia dos Narigudos. Unha obra musical para achegar aos máis pequenos a maxia do teatro.

Levántase o pano e en escena aparece Bartolo, un dos habitantes da illa dos Narigudos, onde os seus enormes narices lles traen todo tipo de problemas.

A viaxe de Bartolo está chea de aventuraa, de música, de diversión...

800 nenos foron ver esta obra coa que Tanxarina Títeres achega o teatro aos máis pequenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí