CRTVG

Buscar

Oito zonas da comunidade de Madrid estrean restricións

Publicado o 28/09/2020 13:54

A Policía Municipal de Madrid reforzou o número de axentes e de controis para vixiar o cumprimento das restricións nas zonas con medidas especiais de mobilidade para evitar a propagación do coronavirus.

Outras oito incorporáronse en toda a comunidade ás 37 onde as restricións levaban unha semana vixentes.

Todas elas superan os mil contaxios por cada cen mil habitantes nos últimos 14 días. 
Os comerciantes das zonas afectadas calculan perdas superiores ao 50 por cento."Moi mal, moi mal, no local non se traballa apenas. Nós temos a sorte de facer traballos exteriores, que estamos un pouco máis librados, pero aínda así baixou moito o traballo".

"Desde que nos puxeron as medidas establecidas, pois, sen esaxerar, puido caer un 85 por cento".

En Mallorca, un gromo descontrolado nunha residencia de maiores de Inca obrigou o Goberno balear a intervir as instalacións.

Trinta e dous dos 112 internos deron positivo por covid-19, ao igual que seis traballadores da residencia. Doce dos anciáns contaxiados permanecen hospitalizados.

É a cuarta residencia de maiores intervida polas autoridades sanitarias nas illas Baleares.

Noticias web

28/09/2020