CRTVG

Buscar

Oito provincias en alerta por neve no norte da Península

Publicado o 08/02/2018 15:08

 

Oito provincias do norte peninsular manteñen activada a alerta por nevaradas.

Nas illas Canarias, o nivel de aviso é laranxa por refachos de vento, tormentas e altura de onda.

A alerta por nevaradas mantense en Burgos, Cantabria, Euskadi, Navarra, A Rioxa e Barcelona, pero moitas outras zonas da norte peninsular sofren aínda os problemas derivados das precipitacións dos últimos días.

Por cuarto día consecutivo permanece interrompido o tráfico ferroviario entre Asturias e León a causa da neve acumulada nas vías.

Na rede viaria do Principado hai 16 portos pechados e noutros 17 son necesarias as cadeas.

Unha situación que se repite ao longo da cordilleira cantábrica e os Pireneos.

En Euskadi, as estradas principais están despexadas, pero a neve e o xeo dificultan a condución por varias estradas secundarias.

En Huesca, Teruel, Lleida, Xirona e Guadalaxara os termómetros non superaron esta noite os menos 12 graos centígrados.

Nas illas Canarias mantense a alerta laranxa por ondas de 6 metros na costa e refachos de vento en terra que poderían superar os 100 quilómetros por hora.

Noticias web

08/02/2018