CRTVG

Buscar

Oito positivos no Fuenlabrada e á espera na Coruña dos resultados das 46 probas PCR realizadas

Publicado o 21/07/2020 13:49

O xerente da área sanitaria da Coruña-Cee, Luís Verde, informou este martes de que o Servizo Galego de Saúde realizou un total de 46 probas ao persoal e o corpo técnico do Fuenlabrada, cuxos resultados poderán saberse esta tardiña.

Tras se detectaren casos positivos no CF Fuenlabrada, que permanece illado nun hotel da Coruña, Verde confirmou que un total de oito integrantes da expedición deran positivo, e por tanto repetíuselles a proba.

"Para extremar medidas tomamos as mostras dos contactos nunha sala habilitada para ese efecto", explicou aos xornalistas o xerente, que indicou que actuaron a última hora do luns, tras coñecer a situación rastrexando os contactos e poñéndoos en corentena, polo que o hotel pode seguir funcionando "extremando" as medidas.