Evacúan oito persoas do 'Open Arms', tres delas enfermas e os seus familiares
Dúas mulleres, unha delas con pneumonía e outra cun tumor cerebral, e os seus familiares foron recollidos por unha embarcación de Malta, país que se fixo cargo da evacuación. Unhas horas antes, xa desembarcaran outra persoa, neste caso un home con tuberculose, a un gardacostas italiano. A bordo quedan 151 inmigrantes e a situación é cada vez máis tensa por falta de solución por parte das autoridades.
Sen solucións políticas despois de once días pedindo un porto seguro, dende a ONG Proactiva Open Arms, o seu fundador Óscar Prats, contestáballes ao Goberno español e ao ministro de Fomento, José Luis Abalos. Prats díxolles que o Executivo se está a poñer de perfil ante este problema e que son eles, referíndose á ONG, os que se arriscan e poñen en perigo a súa liberdade e patrimonio.