CRTVG

Buscar

Oito persoas ingresan en prisión no marco dunha operación antidroga con epicentro en Ourense

Publicado o 13/06/2019 16:26


Oito persoas ingresaron en prisión no marco dunha operación policial contra o tráfico de drogas, con epicentro en Ourense. Foi o Xulgado de Instrución número 1 desta cidade o que dirixiu a operación, en que se incautaron de 66 quilos de speed e 7 de heroína, un dos maiores alixos no que vai de ano en Galicia.

En total houbo 17 detidos, repartidos por varias comunidades autónomas. Os delitos que lles imputan son tráfico de drogas e pertenza a banda armada. A operación, en que participaron ao redor dun cento de axentes, iniciouse no mes de xaneiro, pola Unidade de Drogas e Crime Organizado da Policía Nacional da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019