CRTVG

Buscar

Oito persoas atendidas por un incendio en Madrid

Publicado o 15/04/2019 08:12

Incendio no distrito de Fuencarral, en Madrid, con oito persoas atendidas polos servizos de urxencias. Os bombeiros rescataron unha familia completa, unha parella con dous cativos de cinco e sete anos tras comezar a arder a súa vivenda.

Ademais, rescataron catro policías nacionais que entraran no edificio tras o aviso do incendio. Todos sufriron intoxicacións leves por fume e os veciños dos pisos superiores pasaron a noite fóra por prevención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019