Morren oito persoas ao espetarse unha avioneta contra un edificio en Milán
Publicado o 03/10/2021 19:07
Oito persoas morreron ao espetarse unha avioneta contra un edificio en Milán. Entre os falecidos hai un neno e o piloto da aeronave. Era un voo privado.
A avioneta saíu do aeroporto de Linate cara a Sardeña, pero ao pouco de engalar bateu contra un edificio de dous andares que se usa como aparcadoiro e que no momento do accidente estaba baleiro.
Algunhas testemuñas aseguran que o motor xa estaba ardendo antes da colisión. Hai unha investigación aberta para coñecer as causas do sinistro.