Oito mariñeiros contaxiados e a tripulación de tres embarcacións de Ribeira confinadas
O gromo que mantén confinadas as tripulacións de 3 embarcacions do porto de Aguiño preocupa aos veciños do concello de Ribeira que temen a posible entrada en nivel máximo de restricións.
Cunha incidencia acumulada de 24 casos a 7 días, en 44 a 14 os veciños desta vila mariñeira aseguran que o gromo puido evitarse.
"No sector da pesca cunha vacina. Se ti anadas a navegar dar unha vacina sería o preferible". "Como se fose unha vivenda, pero claro, conviven todo xuntos, entón vexo que deberían estar vacinados", din os veciños.
Dos 36 mariñeiros confinados, todos están nos seus domicilio, excepto un dos positivos, que permanece ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago en estado moi grave. Se non desenvolven a enfermidade, o resto das tripulacións poderían volver aos barcos, amarrados no porto de Xixón, e continuar a campaña da anchoa dentro de 10 días.