CRTVG

Buscar

Oito investigados por abuso sexual a través do WhatsApp a unha menor

Publicado o 19/05/2017 20:00

Dous dous homes son residentes en Pontevedra e Ferrol

8 homes están sendo investigados por abuso sexual a unha menor de Salamanca a través do móbil. E dous deles son galegos.

Son 8 homes de entre 20 e 57 anos de outras tantas cidades españolas, e efectivamente un é de Ferrol e outro é de aquí, de Pontevedra. Segundo nos explicou a Garda Civil os investigados lograron o número de teléfono da moza a través dunha rede social e a partir de aí comezaron a acosar a menor. A operación comezou despois da denuncia dos familiares da rapaza. Despois de dous meses determinaron que o motivo do acoso era puramente sexual chegando a pedirlle á vítima encontros persoais e enviándolle fotografías. Imaxes e mensaxes que os investigadores teñen no seu poder. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017