CRTVG

Buscar

Oito encapuchados asaltan unha casa e rouban máis de 2.000 euros no Pereiro de Aguiar

Publicado o 23/09/2020 14:06

Sorpresa entre os veciños e veciñas da tranquila aldea de Casmartiño, no Pereiro de Aguiar, ao coñecer a noticia de que 8 encapuchados asaltaron esta vivenda.

Ninguén se decatou porque ocorreu pola noite cando a dona da casa, unha muller de 71 anos, que vive co seu fillo, estaba soa. Entraron polo valado da parte de atrás da vivenda. Unha vez dentro, un dos encapuchados intimidouna e retívoa nun dos cuartos mentres os outros buscaban o botín pola casa. Finalmente levaron máis de 2.000 euros que atoparon gardados nunha caixa. As veciñas das casas lindeiras din que se senten máis inseguras.

A Garda Civil de Ourense xa estivo na casa para recoller mostras, pero os ladróns, ademais de encapuchados, levaban guantes e non deixaron pegadas. Están a investigar o seu paradoiro e por agora descoñécense máis datos sobre o aspecto físico dos asaltantes. Non se desbota que puideran ter a casa vixiada para cometer o roubo cando a muller estivese soa.

Noticias web

23/09/2020