CRTVG

Buscar

Oito drons da DXT, os novos 'vixilantes' das estradas

Publicado o 18/04/2019 08:38

Esta Semana Santa será a primeira en que a Dirección Xeral de Tráfico utilice drons para vixiar e regular as estradas. Serán oito distribuídos por toda España, estarán pendentes sobre todo das estradas convencionais e polo de agora non serán utilizados para sancionar.

Vímolos voar sobre a N-2. Era a modo de proba. Pero esta tarde estarán xa operativos durante a operación saída da Semana Santa.

Haberá oito drons que serán destinados a controlar sobre todo estradas convencionais en función das necesidades puntuais. O seu sinal recibirase na sala de control da DXT. Transmitirán imaxes de incidencias como accidentes, atascos ou infraccións.

Infraccións xa gravan, como estas, ainda que polo de agora non serán sancionadas. Pero é cuestión de tempo. Máis pronto que tarde.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019