Oito detidos por unha fraude millonaria no IVE na venda de coches de alta gama

Operación contra a fraude fiscal na compravenda de vehículos, con polo menos oito detidos acusados de pertencer a unha trama de fraude no imposto de valor engadido a nivel europeo, xa fora en calidade de defraudadores ou de beneficiarios.
A operación levouse a cabo nas provincias de Albacete, Valencia, Pontevedra e Almería, e comisaron ata quince automóbiles, moitos deles de gama alta, valorados nun millón e medio de euros. A organización aproveitaba o marco europeo de comercio entre países para crear unha rede de empresas intermedias, co único fin, din dende a investigación, de defraudar o IVE na compravenda de coches xa matriculados, e ademais, coa conivencia dos compradores finais dos coches.
A trama tamén utilizaba homes de palla en diferentes países para defraudar máis de sete millóns de euros de IVE.