CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Oito de cada dez condutores distráense máis ao volante cando van acompañados

Publicado o 29/06/2015 20:54

Oito de cada dez condutores distráense máis ao volante cando van acompañados. Así o determina un estudo para dar a coñecer o rol dos acompañantes e tamén que se tome conciencia sobre a importancia dun comportamento correcto como pasaxeiro. Stop Distraer, é o nome que leva a campaña e que conta co apoio do piloto de rallys Luis Moya.

Atender os nenos, falar co condutor, mirar o acompañante , as discusión..., inflúen no noso comportamento ao volante, por este motivo, BP, Castrol e Race realizaron un estudo en que participaron máis de mil condutores e na que a súa principal conclusión foi que oito de cada dez condutores se distraen máis cando van acompañados.

"Penso que si que te distraes cando vas acompañado, as discusión distraen moito, alteran ademais" "Podes ir só e distraerte igual, non creo que sexa problema ningún ir acompañado" "Eu viaxo con xente e paréceme que vou atento ao meu, xa fai que non teño cativos nin mascotas e no coche non teño esa consciencia de que poida ir descoidado", comentaban uns condutores.

O informe detectou tres perfís de condutores, o emocional, ao que o distraen moito as discusións e os nenos xogando, o esixente, ao que lle falan moito, e o racional, o que só se descoida cas discusións fortes. Se se atopan neste 80% de persoas tomen nota: informen os seus acompañantes do que os distrae e céntrese só na condución.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí