CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A residencia do Portádego da Coruña illa os seus usuarios tras confirmar nove positivos

Publicado o 25/03/2020 16:29

Na Coruña, a residencia de maiores do Portádego decidiu illar os seus 74 residentes tras confirmar nove casos positivos por coronavirus. A dirección do centro decidiu activar o protocolo máis estrito, confinar cada un dos residentes no seu cuarto e controlarlles a febre catro veces ao día para seguir a súa evolución. O persoal ten, polo momento, equipos de protección dabondo, pero a día de hoxe rexistra xa oito baixas.