Oito alumnos do IES Rosalía de Santiago obteñen matrícula de honra no bacharelato con media de 10
Publicado o 15/06/2021 14:27
A excelencia ten nome de muller este ano no instituto Rosalía de Santiago. Oito alumnos de bacharelato obtiveron matrícula de honra con media de 10 nas súas cualificacións, e 6 delas son mulleres. O mérito é maior este ano se cadra polas dificultades que supuxo a pandemia. Neste centro mudaron os horarios. Tiñan clase polas tardes e tiveron que adaptar todas as súas rutinas.
Adaptáronse, e lograron superar o reto con organización, constancia e certa disciplina. Á espera dos resultados da ABAU que se publicarán o xoves, todas teñen máis ou menos claras as opcións de futuro: Medicina, Fisica, Bioloxía, Filoloxía, Arquitectura ou Educación Infantil e Primaria. Despois dun ano difícil, agora toca gozar do verán e das merecidas vacacións.