CRTVG

Buscar

Oitenta mozos e mozas preparan o paso á vida adulta en pisos tutelados

Publicado o 16/06/2021 16:28

En Galicia hai máis de dous mil menores baixo a tutela do sistema público porque carecen do apoio dunha familia. Cando entran na mocidade, amais dun fogar, precisan de apoios na súa transición á vida adulta, para seren indepentes e encontrar un traballo. A campaña 'Non nos xulgues' chama á sociedade a deter a súa ollada nestes mozos e mozas. 

Monse vive xunto coas súas compañeiras e compañeiros nun piso tutelado dentro do programa Mentor. En Galicia hai mais de 560 mozos e mozas que pasaron a súa infancia en centros de menores ou con familias de acollemento. Agora asómanse á súa maioría de idade e precisan apoio para convertérense en persoas independentes.

Hoxe a Consellería de Política Social e a ONG Igaxes presentaron a campaña 'Non nos xulgues', para que a sociedade poida coñecer a Monse e a outras persoas que coma ela non puideron medrar nun fogar ou nunha familia convencional.

O seguinte paso é atopar un traballo. Por iso estes rapaces e rapazas dan a cara e comparten as súas historias, para derrubar os estigmas que estorban o seu futuro.

Noticias web

16/06/2021